Freudlose Gasse, Die

Freudlose Gasse, Die
Nome científico: [A rúa sen ledicia]
[IMAX]

Produción cinematográfica alemá realizada en 1925. Foi dirixida por Georg Wilhelm Pabst e protagonizada por Greta Garbo, Asta Nielsen, Marlene Dietrich, Valeska Gert e Werner Krauss, entre outros. Este filme é un melodrama realista que presenta a sociedade de posguerra. A caracterización psicolóxica dos personaxes e a coidada fotografía fan desta película unha das producións máis destacadas do cine europeo.

Palabras veciñas

Freud, Sigmund | freudiano -na | freudismo | Freudlose Gasse, Die | Freund, Gisèle | Freundlich, Otto | Frexo