Friedkin, William
Friedkin, William
Realizador cinematográfico estadounidense. Con dezasete anos comezou a traballar nunha cadea de televisión. Entre 1957 e 1967 realizou documentais pedagóxicos e programas dramáticos. En 1967 debutou como director con Good Times. Outros filmes da súa produción son The French Connection (Contra o imperio da droga, 1971), co que gañou varios Oscar, The Exorcist (O exorcista, 1973), The Brink’s Job (O maior roubo do século, 1978), To Live and Die in L.A. (Vivir e morrer en Los Angeles, 1985), The Guardian (A titora, 1990), Jade (1995), 12 Angry Men (1997), Rules of Engagement (2000) ou The Hunted (2003).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Chicago, Illinois