Friel, Brian
Dramaturgo irlandés. Mestre de profesión, comezou a súa traxectoria literaria como narrador, escribindo relatos ambientados nas terras occidentais de Irlanda, ao tempo que compoñía textos dramáticos para a BBC. Na súa obra sempre están presentes os aspectos máis destacados da realidade social irlandesa, como a emigración ou a perda da identidade e da conciencia nacional, representada na desaparición da lingua gaélica, cuestión que agroma nun dos seus textos máis coñecidos, Translations (Traducións, 1980). En 1996, a compañía Espello Cóncavo estreou o espectáculo Bailando en Verán, creado a partir da versión galega da súa obra Dancing at Lughnasa, realizada por Miguel Pérez Romero, con dirección de Arturo López. En 1980 creou a Field Day Theatre Company.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Omagh