FRIGSA

FRIGSA
Nome científico: [Frigoríficos Industriales de Galicia SA]
[ECON]

Empresa creada en 1950 en Lugo polo Instituto Nacional de Industria. En 1975 fusionouse con Industrias Frigoríficas Extremeñas (IFESA) e constituíron Carnes y Conservas Españolas S A (CARCESA), domiciliada en Madrid. En decembro de 1995 a empresa Frigsa foi adquirida polo Grupo Coren e adoptou o nome de Novafrigsa, dedicada á produción de vacún e os seus elaborados.