frinxílido -da
frinxílido -da
(< lat Fringilla)
-
adx
Relativo ou pertencente aos frinxílidos.
-
s
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da familia dos frinxílidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT]
Familia de paseriformes caracterizada por incluír aves de pequeno ou mediano tamaño, de peteiro cónico e máis ou menos curto, cola fendida, plumaxe de cores xeralmente moi vistosas e con dimorfismo sexual. Voan de xeito ondulante e aliméntanse principalmente de sementes. Son gregarias e as femias constrúen un niño aberto en forma de copa. Pertencen a esta familia os bicogrosos, cardeais, cruzabicos, liñaceiros, pimpíns, úbalos, verderolos, xílgaros e os xiríns.