Frisch, Karl Ritter von
Frisch, Karl Ritter von
Zoólogo. As súas investigacións sobre a conduta das abellas levárono ao descubrimento dos medios que utilizan os individuos das colonias para comunicarse e transmitirse a información necesaria sobre a existencia, a clase, a dirección e a distancia das fontes de alimentación (danza das abellas). Publicou, entre outras obras, Aus dem Leben der Bienen (Da vida das abellas, 1927) e Tanzsprache und Orientierung der Bienen (A linguaxe danzada e a orientación das abellas, 1965). Polos seus traballos, decisivos na fundación da etoloxía animal, otorgóuselle en 1973, xuntamente con K. Lorenz e N. Tinbergen, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Viena -
Deceso
Lugar : Múnic