Frisch, Max
Novelista e dramaturgo. Deuse a coñecer en 1934 cos relatos de Jürg Reinhart, e fíxose famoso con Tagebuch 1946-1949 (Diario 1946-1949, 1950). En 1958 adquiriu relevancia internacional como autor dramático coa súa obra Biedermann und die Brandstifter, que na súa versión galega, Bonhome e os incendiarios, foi presentada en 1966 polo grupo de teatro O Facho, con dirección de Manuel Lourenzo. É autor, entre outras obras, de Die Schwierigen oder j’adore ce qui me brûle (Os difíciles ou j’adore ce qui me brûle, 1943), Die chinesische Mauer (A muralla chinesa, 1946), Don Juan oder die Liebe zur Geometrie (Don Xoán ou o amor á xeometría, 1953), Home Faber (1957), Andorra (1961), Mein Name sei Gantenbein (O meu nome sería Gantenbein, 1964), Tagebuch 1966-1971 (1972), Montauk (1975), os tres cadros escénicos de Triptychon (1978) e Blaubart (1982), resumo da súa obra, da que se fixo unha edición completa en 1976. En 1989 publicou Jonas und sein veteran. O conxunto da súa obra denuncia a escravitude do home no mundo que el mesmo construíu.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Zúric -
Deceso