Friuli
Friuli
Rexión histórica do N de Italia. Conquistada polos romanos no s II a C, transformouse en ducado lombardo (586). Foi ocupada por Carlomagno (775), conquistada polos xermanos (922) e anexionada polo Sacro Imperio Romano Xermánico (962). Pasou a Venecia no 1420 e desde o s XVI Trieste, Gorizia e Gradisca pertenceron aos Habsburgo. Sometida ao dominio francés por Napoleón, foi anexionado a Austria (1815) e uniuse posteriormente a Italia (1866). En 1947 esta cedeu Gorizia a Iugoslavia. Como rexión administrativa forma parte da rexión autónoma de Friuli-Venecia-Xulia.