Frobenius, Leo
Frobenius, Leo
Arqueólogo e etnólogo. Especializouse en arte prehistórica e culturas africanas. Investigou centros de arte prehistórico nos Alpes, Noruega, España e no N de África, e organizou 12 expedicións a África (1904-1935). No 1922 fundou o Frobenius Institut for Cultural Morphology en Frankfurt, onde estableceu unha colección de facsímiles de pinturas e grabados prehistóricos. Ademais, mantivo contactos coas culturas actuais africanas e o seu folklore. Escribiu, entre outras obras, Atlantis: Volksmärchen und Volksdichtungen Afrikas (Atlántida: contos e poemas populares de África, 1922) e Kulturgeschichte Afrikas (Historia cultural de África, 1933).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Berlín -
Deceso
Lugar : Biganzolo, Novara