Frol do Toxo

Frol do Toxo

Publicación editada en Vigo a partir de 1981. Subtitulouse “Xornal cultural do Instituto Politécnico Nacional” e incluíu información sobre especies animais e enclaves naturais, datos sobre cinematografía, historia, deportes e algunhas contribucións literarias. Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas tiraban un número especial con datos biográficos sobre o homenaxeado e numerosas poesías de diversos autores.