frontalidade
frontalidade
(< frontal)
-
s
f
Feito de estar algo representado de fronte.
-
lei da frontalidade
[ARTE]
Termo creado polo arqueólogo danés Julius Lange en 1892 no estudo das manifestacións artísticas, en especial a escultura, nos estadios máis arcaicos. Aplícase á estatuaria exipcia e grega e afirma que a liña que pasa por entre as cellas, polo nariz e polo embigo debe dividir o corpo en dúas partes iguais e exactamente contrapesadas. Supón a isocefalia das figuras e, nos relevos e na pintura, a súa disposición de forma frontal e plana.