fronte

fronte

(< lat fronte)

  1. s f [ANAT]

    Parte superior da cara, dende os arcos supraorbitais ata onde comeza a volta do cranio.

  2. s f

    Parte dianteira ou cara ou lado visible de algo.

  3. s f
    1. Parte dunha muralla comprendida entre dous bastións veciños.

    2. [BÉL]

      Primeira fila das tropas formadas ou acampadas.

    3. [BÉL]

      Espacio ao ancho ocupado por unha porción de tropa ou exército.

    4. [BÉL]

      Extensión de terreo sobre a que se combate.

  4. [XEOL]
    1. fronte de magmatización

      Límite dunha magmatización.

    2. fronte de metamorfismo

      Límite dun metamorfismo.

    3. fronte de xistosidade

      Límite dunha xistosidade.

    4. fronte tectónica

      Parte máis avanzada dun manto de corremento.

  5. [METEOR]
    1. s f

      Superficie teórica que separa dúas masas de aire de características diferentes, especialmente respecto á temperatura e á humidade. É unha faixa de transición rápida, duns 20 km de largo. En sentido estricto, o termo aplícase ás descontinuidades que resultan da ondulación das grandes frontes. Así, denomínase fronte cálida á liña que separa a liña de aire quente doutra de aire frío, sobre a que avanza ascendendo en pendente suave; a medida que avanza, o aire quente condénsase e orixina cirros, altoestratos e, finalmente, nimbos que provocan chuvias finas e persistentes; despois do seu paso rexístrase un aumento da temperatura. A fronte fría é a que separa do aire quente anterior unha masa de aire frío que avanza empuxando o aire quente e forma unha cuña que o fai ascender bruscamente; forma grandes cumulonimbos que orixinan chuvias violentas; ao seu paso prodúcese un descenso das temperaturas. Cando unha fronte fría atrapa unha cálida orixínase unha fronte ocluída, e o aire quente é desprazado cara a arriba. Nas depresións ocluídas consérvase moitas veces, en altura, unha descontinuidade ou fronte superior, que en realidade é unha fronte fría.

    2. fronte de converxencia intertropical

      Fronte que se establece, na zona de baixas presións ecuatoriais, onde os alisios de ambos os dous hemisferios entran en contacto. Os alisios orixinados na zona de altas presións do hemisferio norte e do sur, respectivamente, converxen coas baixas presións ecuatoriais; isto provoca unha forte ascensión do aire, que produce chuvias de convección dinámica.

    3. fronte polar

      Liña de descontinuidade atmosférica dunha forte concentración do gradiente térmico e, en consecuencia, do gradiente de presión, que ten unha posición variable, manifestada nun desprazamento estacional (entre 35° e 50° de latitude) con relación ao dinamismo das altas presións subtropicais. Fórmase onde se atopan os fluxos de aire frío que proveñen das latitudes altas (aire polar) cos de aire quente orixinado nestas altas presións subtropicais (aire tropical). As perturbacións e os ciclóns da zona temperada nacen das ondulacións dunha descontinuidade entre o aire quente e o aire frío da fronte polar. As principais zonas nas que se desenvolve a fronte polar no hemisferio norte son a banda oriental de Asia e de América do Norte, e especialmente no inverno, cando o gradiente térmico entre a terra e as correntes cálidas oceánicas é máis acusado; estas dúas seccións da fronte polar son coñecidas como a fronte polar do Pacífico e fronte polar do Atlántico, respectivamente. Outro sector da fronte polar, chamada fronte mediterránea, sitúase, exclusivamente no inverno, sobre o Mar Mediterráneo e o Mar Caspio. A fronte polar é o factor fundamental do clima da zona temperada cos seus movementos estacionais, que se producen en función do elemento reitor do dinamismo atmosférico, a corrente en chorro ou jet stream.

  6. [POLÍT]
    1. s f

      Coalición de diferentes partidos políticos ou de movementos integrados por militantes de diferentes partidos.

    2. fronte de liberación

      Fronte dirixido á consecución de liberdades nacionais.

    3. fronte única

      Fronte común propugnada pola táctica política do movemento comunista xurdida do terceiro congreso da Internacional Comunista e adoptada polo seu comité executivo de decembro de 1921. Fundamentábase na participación dos comunistas nas organizacións de clase obreira e nunha certa política de aproximación á socialdemocracia, aínda que mantiña a independencia e a autonomía do partido comunista. Rexurdiu baixo a denominación de fronte única proletaria, como eixe da Fronte Popular.

  7. [FÍS]
    1. Parte da envolvente dunha onda, comprendida entre o punto inicial desa envolvente e o punto en que esta acada o valor máximo.

    2. Superficie imaxinaria normal á dirección de propagación dunha onda electromagnética. Constitúe o lugar xeométrico dos puntos que, nun momento dado, teñen a mesma fase.

Frases feitas

  • Á fronte/De fronte loc adv Ó mando de.

  • 2 Enfrontarse con alguén.

  • En fronte de loc adv e prep No lado oposto a. Ex: Ten o traballo en fronte da casa.

  • Facer fronte a 1 Tratar de solucionar un problema.

Formas incorrectas

frente