Fronte e Cocote

Fronte e Cocote

Publicación trimestral editada en Lugo a partir de outubro de 1971 e subtitulada “Revista de la Escuela de Ingeniería Técnica Agrícola de Lugo”. Cesou a súa edición en decembro do ano seguinte. Dirixida por Odón L. Abad Flores, contou coa colaboración de diversos escritores, xornalistas, historiadores e antropólogos galegos. Tentaba combinar aspectos técnicos referidos á agricultura e á gandería con artigos de literatura e historia.