Fruchel, mestre
Fruchel, mestre
Mestre de obras e escultor. De orixe borgoñona, traballou en Castela durante a segunda metade do s XII, onde introduciu o gótico nacido na Île de France. Por encargo de Afonso VIII fixo a cabeceira e o ciborio da catedral de Ávila (1170?). Na basílica románica de San Vicente de Ávila empregou as bóvedas de crucería con oxivas e esculpiu un apostolado gótico e os sepulcros dos santos Vicente, Sabina e Cristeta. Probablemente traballou na catedral de Zamora.
Cronología
-
Deceso