frumentario -ria
(< lat frumentarĭu)
-
adx
frumentáceo.
-
s
m
[HIST]
Oficial que tiña ao seu cargo o abastecemento de trigo para o exército na antiga Roma.
-
lei frumentaria
[DER]
Cada unha das leis romanas que regulaban a distribución de trigo entre os cidadáns a prezo reducido ou gratuíto. Os problemas de distribución e abastecemento do trigo provocaban un incremento no seu prezo que repercutiu nun aumento da violencia urbana. Unha das primeiras leis frumentarias foi a de Caio Graco (122 a C), denominada Lex Sempronia, que fixo que o trigo se vendese por debaixo do seu prezo de custo. Posteriormente, no 100 a C, pola Lex Apuleia tentouse que todas as distribucións de trigo fosen gratuítas. No 61 a C o Senado ordenou a realización de distribucións de trigo gratuítas e pola Lex Clodia (58 a C) estas disposicións puntuais convertéronse en institucións estatais permanentes. Durante o Imperio, Octavio Augusto sistematizou o abastecemento como unha función do príncipe e resolveu o problema do reparto do trigo.