Fuengirola
Fuengirola
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado na costa, e que conta coa serra de Mijas (41.713 h [1996]). Desenvolveuse como un importante centro turístico. Ten un destacado mercado agrícola e industrias alimentarias e de confección. Situado sobre un asentamento ibero, foi colonia fenicia e romana. Baixo dominio árabe foi recuperada polos cristiáns en 1487. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, as termas romanas e a necrópole visigoda de Torreblanca e o castelo árabe de Sohail (s X).