Fuensalida
Fuensalida
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, drenado por diversos regatos que flúen desde a serra de Guadarrama, que forma o límite SL do territorio nun pequeno sector (7.525 h [1996]). Situado na comarca de La Sagra, destaca a agricultura e a gandería, pero é de especial importancia a industria do calzado. Documentada por primeira vez en 1085, foi repoboada por mozárabes e desde 1470 foi señorío dos López de Ayala. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a igrexa mudéxar de San Juan Bautista (ss XV-XVI), o convento do Espíritu Santo (s XVI) e o palacio dos condes de Fuensalida (s XVI).