Fuente del Maestre
Fuente del Maestre
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado en Tierra de Barros, preto do río Guadajira (6.876 h [1996]). Destaca a agricultura (cereais, viña e oliveiras) e a gandería ovina e porcina. Tamén hai industrias derivadas e da madeira. Segundo a tradición foi fundada por Augusto no 38 a C co nome de Castra Vinaria. Foi recuperada polos cristiáns na primeira metade do s XIII e pasou a ser señorío da orde de Santiago. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o recinto amurallado e o foso, a igrexa da Candelaria (s XVI), con torre gótico-mudéxar (s XV).