Fuente el Fresno

Fuente el Fresno

Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, no sector setentrional da provincia, no límite con Toledo (3.486 h [1996]). Destaca a agricultura de secaño (oliveiras, viña e cereais) e a gandería ovina. Tamén se elaboran viños e queixos. Do seu patrimonio cultural destacan o acueduto romano de Fuentesecas e a igrexa de Santa Quiteria (s XVII), declarada Ben de Interese Cultural en 1991.