Fuentes Macías, Carlos

Fuentes Macías, Carlos

Escritor e diplomático. Licenciouse en Dereito pola UNAM e realizou estudios de posgrao en economía no Instituto de Altos Estudios Internacionais de Xenebra. Profesor de literatura en diversas universidades norteamericanas, colaborou na revista Medio siglo, cofundou e dirixiu a Revista Mexicana de Literatura e foi codirector de El Espectador. Así mesmo, fundou o Movimiento de Liberación Nacional del Comité Nacional de Auscultación y Organización. Da súa produción destacan Los días enmascarados (1954), La región más transparente (1958), La muerte de Artemio Cruz (1962), Aura (1962), Cambio de piel (Premio Biblioteca Breve 1967), Casa con dos puertas (1970), Tiempo mexicano (1971), Terra nostra (Premio Xavier Villaurrutia 1976 e Premio Rómulo Gallegos 1977), La cabeza de la hidra (1978), Gringo Viejo (1985), Cristóbal Nonato (1987), El naranjo o los círculos del tiempo (1993), La frontera de cristal (1995), Los años con Laura Díaz (1999), Los cinco soles de México (2000), Instinto de Inez (2001) e En isto creo (2002). Membro do Colegio Nacional (1974) e da American Academy and Institute of Art and Letters (1986), foi nomeado doutor honoris causa pola UNAM (1966) e pola Universidade de Cambridge (1987). Entre outros galardóns recibiu o Premio Alfonso Reyes (1979), o Premio Nacional de Literatura de México (1984), o Premio Cervantes (1987), a Medalla de Honor de Literatura do Club Nacional das Artes de EE UU (1988), a Orden de la Independencia Cultural Rubén Darío (1988), a Medalla Rectoral da Universidad de Chile (1991), o Premio Príncipe de Asturias (1994), o Premio Internacional Grizane Cavor (1994), o Premio Picasso (1994) e a Medalla de Honra Belisario Domínguez (1999).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : México