fugacidade

fugacidade

(< lat fugacĭtāte)

  1. s f

    Calidade de fugaz.

  2. s f [QUÍM]

    Función termodinámica que substitúe a presión parcial nas ecuacións que tratan de describir o comportamento dos gases reais. Se G 1 e G 2 son as enerxías libres normais dun gas a dúas presións p 1 e p 2 , as fugacidades f 1 e f 2 do gas a estas presións defínense de forma que se cumpra a ecuación G 2 -G 1 =nRTln(f 2 /f 1 ). Para o comportamento ideal a fugacidade é proporcional á presión; en oposición, para o comportamento non ideal a fugacidade non coincide coa presión correspondente. É por isto que, como un gas se aproxima máis ao estado ideal cando a presión tende a cero, a baixas presións a fugacidade practicamente é igual á presión.

Refráns

  • As alegrías do Entroido rematan na Coresma.
  • Detrás dunha folla vén outra.
  • Hoxe moita figura, mañá na sepultura.
  • Hoxe na vida, mañá na mortalla: ¡vállache Xuneras para quen un traballa!
  • Non hai día que non chegue nin prazo que non se acabe.
  • Non hai gozo cumprido, que, así que está logrado, xa está fuxido.
  • O mundo é unha escada que uns soben e outros baixan.
  • Pasou o santo, pasou a romaría.
  • San Miguel das uvas, tarde nos vés e pouco nos duras.
  • Todo chega e todo pasa, anque un non saia da casa.
  • ¡San Migueliño das uvas maduras, moito me tardas e pouco. me duras!
  • ¡San Migueliño das uvas maduras, que tarde nos vés e que pouco nos duras!
  • ¡Se dúas veces ao ano viñeras, moIto ben nos deras e moitos favores tamén nos fixeras!

Palabras veciñas

Fufín | fuga | Fuga, Ferdinando | fugacidade | fugado -da | Fugard, Athol Halligan | Fugayra, Al