fuga
(< lat fuga)
-
s
f
Acción e efecto de fuxir.
Sinónimos: escapada, evasión, fuxida, escapada. -
s
f
[FÍS]
Derivación da corrente provocada por un illamento defectuoso ou por efectos externos como acumulación de po, humidade, etc, nun illante, nun circuíto ou nunha instalación.
-
s
f
[TECNOL]
Acción de escapar un gas ou un líquido dun recipiente, dun tubo, ou de calquera espazo onde está contido, a través dunha fenda, dunha xuntura defectuosa, etc.
Confrontacións: escape, escape. -
s
f
[MÚS]
Forma musical contrapuntística monotemática, de desenvolvemento complexo e baseada na imitación do tema. Os seus precedentes formais son o canon, a caccia e o ricercare. A fuga escolástica iníciase cunha exposición onde aparece o tema, denominado tamén suxeito, e a resposta nunha segunda voz; a partir da segunda entrada ata que entran todas as voces, a resposta vai acompañada da exposición do contrasuxeito ou tema secundario; segue despois un período de transición denominado episodio ou divertimento, que consiste en modular as diferentes voces con elementos do suxeito ou do contrasuxeito; na contraexposición preséntase en primeiro lugar a resposta, seguida do suxeito; aparece unha nova exposición na tonalidade relativa e con incursións en tonalidades veciñas; un pedal de dominante serve de introdución ao stretto, que consiste nunha serie de entradas sucesivas moi próximas ao tema; a fuga acaba coa conclusión, sobre un pedal de tónica, onde reaparece o material temático da obra. Entre as fugas máis notables destacan as de J. S. Bach nas súas obras O clave ben temperado e A arte da fuga.
-
punto de fuga
[GRÁF]
Punto imaxinario onde converxen as liñas paralelas nun debuxo en perspectiva.