Fujisawa
Fujisawa
Cidade do ken de Kanagawa, na illa de Honshū, Xapón, situada na baía de Sagami (372.840 h [1997]). Cidade satélite de Toquio, forma parte da súa área metropolitana. Fundada en 1325 polos membros da seita Jishū, foi unha importante estación balnearia. Do seu patrimonio cultural destaca o templo budista Shojokoji (s XIV).