Fukui
Fukui
Cidade do ken homónimo, na illa de Honshū, Xapón, preto da costa do mar de Xapón (254.818 h [1997]). Importante centro téxtil que produce seda, raión e fibras sintéticas. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, os restos do palacio Asakura, o castelo Fukui e a fervenza Ichijo.