fumata*
fumata*
s
f
[RELIX]
Columna de fume que sae por unha cheminea da Capela Sixtina, coa que se anuncia ao cabo das sesións do cónclave do colexio cardealicio, o resultado dos debates de elección do novo pontífice. Se o fume é branco (fumata bianca), indica que xa se elixiu papa; pola contra, se é negro (fumata nera) anuncia que aínda non se chegou a un acordo.