Funchal
Funchal
Capital da rexión autónoma da Madeira, arquipélago da Madeira, Portugal (115.860 h [1991]. Está situada ao S da illa de Madeira, na baía que leva o seu mesmo nome, que se abre entre as puntas de Garajan, ao L, e Cruz, ao O. É unha zona turística. Fundada en 1525, constituíuse en concello en 1554. No s XVI e XVII desenvolveuse o comercio da madeira controlado por comerciantes ingleses. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral (1485-1514), a igrexa de São Lourenço, a quinta das Cruzes, o convento de Santa Clara (s XV) e o barrio Velho.