Fundación Carlos Casares
Fundación sen ánimo de lucro constituída o 9 de setembro do 2002. Entre os seus obxectivos destacan a difunsión da obra do escritor Carlos Casares e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa súa idea de promoción da cultura, da lingua e do galeguismo, e o fomento de actividades culturais e científicas de carácter xeral relacionadas cos campos de traballo e as inquedanzas do escritor. O seu padroado está constituído por vinte e un membros, entre os que se encontran diversas institucións como a Consellería de Cultura, o Concello de Vigo, o Concello de Ourense, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a Fundación Penzol. No padroado están presentes empresas como Caixagalicia, Caixanova, La Voz de Galicia e Editorial Galaxia. Son membros do padroado con carácter vitalicio Kristina Berg, Xavier Casares Mouriño, Mercedes Casares Mouriño, H<kan Olof Roi Casares Berg e Lars Christian Casares Berg. O consello rexedor está integrado por Darío Villanueva, Manuel Rivas, Manuel Rodríguez Álvarez, Manuel Rodríguez Vázquez e J. M. Fonseca Moretón.