fundente

fundente

(

  1. adx
    1. Que facilita a fusión.

    2. [MED]

      Que facilita a resolución dun tumor.

  2. adx

    Que é fundible, aplicado sobre todo á neve.

  3. s m [IND]

    Substancia que se agrega á carga dos fornos de fusión e que, ao combinarse coas impurezas (ganga do mineral, cinzas, etc), facilita a fusión e a formación de escouras que se separan do metal fundido. A composición química do fundente depende da natureza da ganga.

Palabras veciñas

fundanza | Fundão | fundar | fundente | fundible | fundibulario | fundíbulo