Furabolos
Furabolos
[PUBLIC]
Cómic editado en Cangas a partir de 1980 por alumnos do colexio público Castrillón-Coiro. Coordinado por Lauro Xosé Pedreira, contiña ao longo das súas vinte páxinas debuxos e cómics orixinais dos rapaces que colaboraban na revista. Esta edición foi posterior á participación dalgúns dos colaboradores no Concurso de cómics O Facho, celebrado en 1980.