fusilineado -da

fusilineado -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos fusilineados.

  2. s [PALEONT]

    Protozoo fósil da familia dos fusilineados.

  3. s m [PALEONT]

    Familia de protozoos fósiles da orde dos foraminíferos que acadan uns poucos milímetros (algúns exemplares chegan aos 4 cm) e teñen unha cuncha calcaria e multilocular con forma de fuso ou de disco e moi complexa no seu interior. Comprende uns 80 xéneros e unhas 1.000 especies, que viviron durante o Carbonífero e o Pérnico.

Palabras veciñas

fusilar | fusileiro -ra | fusilería | fusilineado -da | Fusiño | Fusiños | fusión