Futura. Arte/Diseño

Futura. Arte/Diseño
[PUBLIC]

Revista editada en Santiago de Compostela a partir de 1987. Subtitulouse “Semestral de Arte, Diseño y Arquitectura”. Dirixírona conxuntamente Pilar Corredoira, Román Pereiro, Alberto Permuy e Xosé M. Casabella. Tentou ofrecer unha visión global do panorama artístico galego, sen esquecer a perspectiva nacional e internacional, tanto no eido arquitectónico, como na arte e no deseño gráfico e industrial. No apartado ilustrativo, ademais dos fotógrafos galegos, contou coa colaboración do Centre National d´Art et de Culture Georges Pompidou de París e coa Fundación Juan March de Madrid.

Palabras veciñas

futricaria | futricas | Futuna | Futura. Arte/Diseño | futurario -ria | futurible | futurición