futurible
futurible
(< lat futuribĭle)
-
adx e s
m
Que ou o que pode suceder no futuro.
-
adx e s
Que ou quen podería desempeñar un cargo que se indica.
-
s
m
[FILOS]
Futuro condicionado ou continxente na filosofía escolástica dos ss XVI e XVII, contraposto a futuro absoluto ou necesario. O problema dos futuribilia en relación coa presencia e a premonición divinas centrou as discusións entre dominicanos e agostiños dun lado e xesuítas doutro.