Fuxin

Fuxin

Cidade do sheng de Liaoning, na rexión do NL da China, ao NO do Shenyang (635.473 h [1990]. Situada na conca carbonífera de Manchuria, ten unha central térmica e industria química. Fundada no 940, non recibiu o nome actual, que en chinés significa rica en recursos e cunha poboación que vive na abundancia, ata 1904. Do seu patrimonio cultural destacan o xacemento da cultura Chachai e o parque nacional de Haitangshan.