Fuzhou
Fuzhou
Capital do sheng de Fujian, China, situada no esteiro do río Min, preto do estreito de Taiwán (874.809 h [1990]). Antigo centro de exportación de té, alcanfor e laca, posúe un núcleo industrial con fábricas de motores, instalacións siderúrxicas, materiais plásticos, construción naval, industria azucreira, papel, laca, madeira e coiro. Do seu patrimonio cultural destacan os pagodes Bai e a Ta (s X) e os outeiros de Yu, Wu e Ping.