galera
(
-
-
pena de galera
[HIST]
Castigo que consistía en remar forzado nas galeras reais por un prazo de entre dous e dez anos. Común no s XVI, estivo vixente na coroa hispánica ata 1771.
-
s
f
[MAR]
Barco de guerra tipicamente mediterráneo, de liñas moi finas, raso, cunha grande eslora en proporción á súa manga, aparellado con velas, pero impelido principalmente por remos. Durante nove séculos foi un dos navíos máis veloces e de maior manobrabilidade, que se empregaba en misións auxiliares e de exploración. En sentido amplo, denomínase galera calquera das construcións da serie evolutiva formada, entre outras, pola nave minoica, o arco fenicio, a birreme e a trirreme gregas, a navis longa romana, o dromo bizantino, que empregaban varias fileiras de remos e vela cuadrangular. As galeras medievais chegaron a ter tres paos, nos que se envergaban xeralmente velas latinas, varias fileiras de remeiros, con 20 a 36 remos por banda, 140 pés de eslora, 20 de manga e 9 de puntal. No s XIV colocáronselle dous castelos, un a proa e outro a popa, onde se situaban os arqueiros e logo os arcabuceiros; ademais, ía armada cun esporón de ferro ou bronce reforzado, suxeito á parte inferior da roda, co fin de acometer as naves inimigas e botar a pique o adversario no momento da abordaxe. A partir do s XVI, incorporaron artillería. Navegaron especilamente polo Mediterráneo e Báltico, e chegaron mesmo ao Atlantico. Coa crise comercial do Mediterráneo, a partir do XVI, foi decaendo o seu uso; aínda así, a flota española de galeras perviviu ata 1771.
-
pena de galera
[HIST]
-
s
f
[GRÁF]
Prancha de madeira, cinc ou ferro pechada por tres lados con listóns, dous dos cales sobresaen un pouco máis ca a prancha. Emprégase para facer as liñas e os cadros dos que se compón para realizar o molde.
-
[TRANSP]
-
s
f
Coche para o transporte de viaxeiros, o máis grande desta clase de vehículos. Podía levar ata cincuenta e catro pasaxeiros. A cavidade da carruaxe estaba formada por catro departamentos: dianteira, berlina, cupé e cámara ou departamento interior. Na parte superior, cuberta por unha lona, había sobre a dianteira e a berlina dous asentos (a banqueta e a contrabanqueta), e o resto estaba destinado á equipaxe. A galera estaba tirada por oito, nove ou once animais.
-
galera de peso
Galera de gran porte que se dedicaba a facer viaxes entre dúas poboacións fixas.
-
s
f