galería
(
-
s
f
[ARQUIT]
-
Balcón cerrado con vidreiras construído na fachada exterior dunha casa. A súa construción acadou un gran desenvolvemento en Galicia. A súa orixe atópase nos balcóns, solainas e galerías abertas características da arquitectura tradicional galega do s XVII. A finais do s XVIII comezaron a construírse as primeiras galerías pechadas con cristais. Tiñan a función de permitir o paso da luz ao interior da vivenda e servían de abrigo no inverno e de lugar fresco no verán. No s XIX e comezos do s XX acadaron o maior desenvolvemento e chegaron a converterse en cuartos prolongados da casa. Distínguese entre o miradoiro que cobre unha das portas da fachada, e a galería, que abrangue toda a fronte dunha das plantas do edificio. Como elemento de sostén empréganse as columnas e pilastras. Tradicionalmente, o peche dos balcóns realizábase con madeira e fiestras de mainel. A finais do s XIX os arquitectos modernistas reinterpretáronas e engadíronlles o ferro forxado. As máis relevantes son as situadas no paseo da Mariña na Coruña. Entre os arquitectos que as dotaron dun estilo propio destacan Juan de Ciórraga, Julio Galán Carvajal e Rodolfo Ucha Piñeiro.
Confrontacións: balconada, solaina. -
Espacio arquitectónico interior sostido por arcos ou columnas, ás veces con vidreiras aos dous lados ou nun só.
-
-
s
f
[MAR]
Balcón que se abría na popa dos navíos sobre a prolongación das cubertas. Nas unidades de tres cubertas había dous balcóns, un corespondente á camara alta e outro á do medio.
-
-
s
f
[ARTE]
Colección de pinturas e outras obras de arte. Poden ser públicas ou privadas, mentres nas primeiras o seu obxectivo é mostrar as obras cun fin expositivo, nas segundas buscan a venda da obra exposta. A súa orixe atópase nas pinacotecas do mundo grego e romano. As coleccións privadas comezaron a ser expostas ao público no s XIX e, dende mediados do século, xeneralizáronse as galerías nacionais. Entre outras cómpre destacar a Alte Pinakothek e a Neue Pinakothek de Múnic, a Galleria Borghese de Roma, a Galleria delle Uffizi en Florencia, o Ermitaxe en San Petersburgo, o Museo del Prado en Madrid, o Rijksmuseum de Amsterdam e a National Gallery de Londres.
-
galería de arte
Establecemento público, xeralmente de carácter privado, dedicado á exhibición e á venda de obras de arte. Cristalizou na segunda metade do s XIX en París e permitiu o paso do antigo encargo directo á moderna oferta do artista. Está estreitamente unida ao fenómeno do marchante e serviu para que as correntes renovadoras e vangardistas se desen a coñecer. En Galicia existe a Asociación Profesional de Galerías de Arte con sede en Santiago de Compostela.
-
s
f
[ARTE]
-
s
f pl
Pasaxe cuberta con tendas a cada lado.
Ex: Abriron unhas galerías con todo tipo de tendas.
-
s
f
-
Lugar destinado ao público en certos espectáculos.
-
Balcón nos teatros, ao redor da sala, onde se acomodan unha ringleira ou máis de espectadores.
-
Conxunto de espectadores que asisten a un espectáculo.
-
Conxunto de xente que pode aprobar ou desaprobar aquilo que se fai en público.
Ex: O ministro fixo estas declaracións de cara á galería.
-
-
s
f
-
Camiño subterráneo escavado nun lugar, como unha mina, en rochas ou no filón dun mineral, para o acceso á explotación deste.
-
Conduto subterráneo natural subhorizontal que se atopa nas covas.
-
-
s
f
[XEOG]
Banda alongada de vexetación diferenciada que segue a ribeira dun río ou outro accidente do relevo.
-
galería de tiro
[BÉL]
Lugar pechado, longo e rectilíneo, a miúdo subterráneo, acondicionado para efectuar traballos experimentais de investigación teórica e técnica relacionados coa fabricación e o disparo das armas de fogo.