Galería

Galería
[PUBLIC]

Revista editada na Coruña a partir de abril de 1984 e subtitulada “Publicación da Asociación Cultural da Coruña Alexandre Bóveda”. Coordinada por X. R. García, a súa temática fundamental era a cultura. Malia que se lle prestou unha atención especial aos creadores xa consagrados, nela participaron numerosos poetas e narradores novos. A partir de novembro de 1987 viviu unha segunda época, na que continuou co enfoque cultural pero dende unha perspectiva máis nacionalista.