Galerna, La
Galerna, La
[PUBLIC]
Revista que apareceu en agosto de 1900 en Ourense e que se definía como “católica, apostólica e clerical”. Dirixida por Basilio Álvarez, o seu único redactor era Antonio Rey Soto. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Eco de Orense. Saía todos os domingos e recibiu frecuentes críticas de El Socialista.