Galicia Literaria
Galicia Literaria
Publicación mensual editada en Ourense a partir de 1883. Cesou a súa edición ao ano seguinte. Subtitulouse “Revista de ciencias, artes y literatura” e tomou o nome dun parladoiro que fundou Vesteiro Torres en Madrid. Dirixida por Xoán Neira Cancela, contou coa colaboración de destacados poetas e intelectuais galegos. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Antonio Otero. Ademais de notas biográficas e das achegas literarias, ofreceu información sobre os Xogos Florais de Vigo de 1883.