Galicia Socialista
Galicia Socialista
[PUBLIC]
Revista de carácter político editada a partir de xuño de 1969. Subtitulouse “Voceiro do Partido Socialista Galego”. En 1976 comezou unha segunda época, na que tivo dúas etapas diferenciadas; a primeira, na clandestinidade, vai ata maio de 1977 (nº 7), e a segunda dende xuño de 1977, que coincidiu coa legalización do partido. Ademais de información política e de actualidade, incluíu temas culturais e técnicos. Realizou as súas reivindicacións dende unha óptica socialista e nacionalista. Nalgúns dos seus números fíxose eco da polémica que suscitou a inclusión do partido no PSdeG-PSOE.