Galicia Sur
Galicia Sur
[PUBLIC]
Periódico editado en Vigo a partir do 2 de marzo de 1990. Editado por Public Print, da súa dirección encargábase Mª Isabel Alambiaga Iseli. Subtitulouse nos seus comezos “Semanario independiente del sur de Galicia” e posteriormente “Vanguardia de una época”. Incluíu información de actualidade, novas culturais sobre arte rupestre, pintura e teatro, e artigos onde se trataban temas relacionados coa ecoloxía, a educación, a saúde, o motor, os deportes e a música.