Galieno, Publio Licinio Egnatio

Galieno, Publio Licinio Egnatio

Emperador romano (253-268), fillo de Valeriano I. Asociado ao trono polo seu pai dende agosto do 253, gobernou as provincias occidentais. Despois de que os persas apresaron o seu pai no 260, quedou como único emperador. Tentou limitar o poder do Senado, impulsou a cultura, protexeu os filósofos e mellorou as condicións dos grupos máis pobres. Desenvolveu a cabalería no exército, derrotou os alamáns que se dirixían a Italia (259) e, trala morte do seu fillo Valeriano I, ao redor do 260, enfrontouse a diversos usurpadores.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Milán