Galiñeiro, serra do

Galiñeiro, serra do

Aliñación montañosa que se estende en dirección N-S entre as parroquias de Zamáns (no concello de Vigo), Vincios e Morgadáns (Gondomar), Chenlo (O Porriño) e Ribadelouro (Tui). Constitúe o extremo setentrional dunha unidade tectónica que se prolonga cara ao S pola serra de Prado e o Monte Aloia, relacionada coa Depresión Meridiana: erguida con respecto a esta, conforma o rebordo occidental dun graben que na parte oriental pecha o Faro de Budiño. Culmina nos 709 m do Galiñeiro Sur.