galiñola

galiñola
Nome científico: [Gallinula choropus, Fam dos rálidos]
s f [ANIMAL/ORNIT]

Ave acuática da familia dos rálidos, do tamaño dunha pomba (30 cm de lonxitude) escura, coa parte inferior da cola branca, peteiro vermello coa punta amarela, patas e dedos longos e verdosos. No seu desprazamento na auga chama a atención o abaneo de cola e cabeza. O seu escandaloso reclamo entre a vexetación acuática resulta característico. Nidificante común en lagoas, augas estancadas e ribeiras con vexetación de macrófitos. Ligada aos medios acuáticos, é unha especie relativamente abundante.