Gallego, El

Gallego, El

Publicación editada en Bos Aires a partir do 27 de abril de 1879. Cesou na súa primeira etapa o 14 de novembro de 1880 (nº 73). Subtitulado “Periódico semanal. Órgano de los intereses de su nombre”, o seu director foi César A. Cisneros Luaces. A súa segunda época abarca entre o 7 de xaneiro e o 27 de xuño de 1883. Posteriormente, entre o 2 de maio de 1888 e o 9 de maio de 1889 viviu unha terceira etapa. A cuarta e última desenvolveuse en Montevideo entre o 3 de marzo e o 2 de novembro de 1895. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de E. de Mársico. Serviu como voceiro do Centro Galego e incluíu información sobre actualidade, historia e costumes de Galicia, xunto con algúns textos literarios.