Gallionella
Gallionella
[MONERA]
Xénero de bacterias do ferro que se caracteriza, sobre todo, por ter un pedúnculo que provén da secreción da célula, que consiste nunha franxa retorta en espiral impregnada de hidróxido de ferro. Son inmóbiles, oxidan o ferro e fíxano, polo que se utilizan como indicadores da presenza de ferro disolto e reducido no medio.