1 galo
(
-
[ANIMAL/ORNIT]
-
s
m
Nome común de diversas especies de aves da familia dos fasiánidos. Caracterízase por presentar unha crista carnosa na liña central da parte superior da cabeza. As variedades domésticas descenden dunha das catro especies asiáticas, probablemente o galo bankiva (Gallus gallus), que vive en estado salvaxe dende a India a Filipinas. Corpo grande e pesado, con ás curtas que o incapacitan para voar, agás en curtas distancias. O tamaño das diferentes razas varía entre os 5 k do galo brahma e o bantam con 570 g. O boche é grande e a moella moi musculosa. A cabeza está adornada cunha crista e con carnosidades a ambos lados do peteiro. A cor da plumaxe varía entre o branco, gris, amarelo, azul, vermello, castaño e negro. As patas teñen en xeral catro dedos e están adaptadas para rabuñar o chan. Son aves estritamente diúrnas, gregarias e polígamas. A diferenza das femias, presenta esporóns nas patas. A data da súa domesticación estímase entre os 3200 a C na India e o ano 1400 a C na China. Os romanos considerábano un animal consagrado a Marte, o deus da guerra, e, dende antigo, simbolizou o valor. Na arte relixiosa cristiá, o galo cantando simboliza a resurrección de Cristo. O galo foi o emblema da Primeira República Francesa e da República Portuguesa.
-
galo de pelexa
Galo con instinto de loita que se adestra para pelexar. Posúe un corpo esvelto e musculoso, coas patas longas, cabeza erecta e orellas e cara vermellas.
-
s
m
-
s
m
Persoa presumida que quere destacar sobre as demais.
-
s
m
[DEP]
Categoría dalgúns deportes baseada no peso dos deportistas. En boxeo establécese entre 51 e 54 kg, en loita ata 57 kg e en levantamento de peso ata 56 kg.
-
s
m
[MÚS]
Nota musical falsa que nun rexistro alto un cantante realiza de forma involuntaria.
Frases feitas
-
Ao cantar o galo. Ó amencer.