Galovart Carreira, José Luis

Galovart Carreira, José Luis

Fotógrafo. Con só tres anos trasladouse a Vigo, onde desenvolveu o seu labor profesional. Licenciouse en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela. Nos anos oitenta comezou o seu interese pola fotografía e a impresión gráfica. Colaborou en Faro de Vigo e diversas revistas como Tintimán, 40 x 50, Nó, Dorna e Galicia-Moda. Individualmente, expuxo Itinerario da cariátide, na sala Teucro de Pontevedra (1989), e Viaje al Pindo, na sala do Colexio de Arquitectos de Vigo (1995). Participou en diversas exposicións colectivas como os Encontros da Imagem de Braga (1988), Dende o Atlántico, en Xenebra (1988), na III e IV Fotobienal de Vigo celebradas en 1988 e 1990, respectivamente, e na mostra Palestina. Arte y palabra por la paz, en Santiago de Compostela (2002). Publicou Viaje al Pindo (1995) e El laberinto atlántico (2001).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Huelva