Gambaro, Griselda

Gambaro, Griselda

Escritora e dramaturga. Encádrase na tradición antinaturalista, moi vinculada coa estética do absurdo, pero tamén coa denuncia das inxustizas, amais de presentar unha visión sumamente crítica da condición humana, moitas veces moi próxima á obra de Camus, Ionesco, Beckett ou Pinter. Entre as súas obras máis coñecidas hai que sinalar El desatino (1965), Los siameses (1967), El Campo (1968), Ganarse la muerte (1976), Decir sí (1981), El despojamiento (1981) o La Malasangre (1984). Un dos seus primeiros textos, Las paredes (1965), foi o punto de partida dun espectáculo de Teatro da MariGaila, Ensaio festivo para unha marcha fúnebre, estreado en 1981 con dirección de Xulio Lago.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bos Aires