gamboíno -na
gamboíno -na
(< antropónimo Gamboa, liñaxe alavesa)
s
[HIST]
Membro dunha facción (partidaria da influencia castelá) que se enfrontou á dos oñacinos (partidarios da influencia navarra) no País Vasco durante a Baixa Idade Media. O enfrontamento mesturouse coa loita dos bandoleiros navarros agramonteses e beaumonteses. Coa consolidación do poder real, a finais do s XV, acabáronse as desordes.